domingo, 13 de enero de 2013

SAPO GRANDE


A tradición ouriveira xenuina miñota-galega baseábase en moitas das fórmulas decorativas da decoración castrexa:as espirais,o sogueado,os trazos xeométricos.Mesmo a decoración con gránulos e incisións sobre chatón,que apareceran reflexadas na ouriveria tradicional do S.XVIII,tanto a realizada en Galiza como na laborada alén do Miño.

SAPO CORAL E ACIBECHE

Sapo en chapa de prata con acibeche incrustado nas medias bolas e tres corais,está engalanado  con  filigrana de fio trenzado  formando figuras.
A este fio chamaselle "azafate".

SAPO EN PRATA







A actividade ouriveira dos arredores da Catedral de Santiago,ten innumerábeis referencias gótico-bizantinas debido ás encargas que executaban os ourives extranxeiros que por esa via chegaban a Galiza.


sábado, 12 de enero de 2013

SAPO CON ROSIÑAS E FILIGRANA

Vinculábel ao ascendente primitivo que asociamos a ouriveria tradicional,foi habitual unha argumentación que debatía a súa presumíbel relación coas xoias castrexas atopadas nas pescudas arqueolóxicas de comenzos do SXX

SAPO CON CORAL E ACIBECHE







Sapo feito en prata,con acibeche e coral.Neste sapo o acibeche vai incrustado nas medias bolas dos tres corpos;está feito con cordoncillo e fio plano.

SAPO AO AIRE



Sapo feito en prata ao aire con tres corpos,en cada corpo unha media bola e fio cuadrado facendo filigranae boliñas pequenas ao redor do sapo.

jueves, 10 de enero de 2013

SAPO EN PRATA










....Debiose a aquella especie de obstentación y lujo a que tan dados son todavia,como lo fueron en todo tiempo nuestros aldeanos,en el cual,aunque no fuese del mejor gusto,seria en cierto modo para dar muestra de la riqueza de sus casas y familias.Los hidalgosy nobles de todo género,los burgueses enriquecidos y la gente del campo,en especial las mujeres,gustaban adornarse de joyas de plata a la manera y con profusión de que aún hoy hacen alarde las camponesas de  Portugal. 
              MANUEL MURGUIA S.XVIII

SAPO EN PRATA







O sapo é o peitoral que se compón de dous ou tres corpos articulados.Os motivos decorativos son variados,pero sempre están relacionados coa forma curva.
No corpo intermedio a súa estructura é de volutas e formas curvas sobre lamina de prata ou fio soldado.
O terceiro corpo ten forma triangular.

SAPO EN PRATA



A ouriveria popular galega identificase coa técnica definida como grao "d'amora",que é o conxunto de fios enrolados,medias bolas etc.,feitas en prata,ouro ou outro tipo de metais.Este tipo de pezas teñen a súa orixe no mundo oriental

miércoles, 9 de enero de 2013

SAPO EN PRATA


Dende a tradición medieval compostelá,a mención de ourives estranxeiros na contorna santiaguesa será común,pero no séculoXVI consolidase esta aposta cosmopolita.
O oficio de ourive foi daquela sinónimo de poder económico. A igrexa,potenciou extraordinariamente o asentamento destes traballadores,podendo decir que foi o culto o que sostivo a estes  artesans dende o século XIII, no que Xelmirez crea o gremio de ourives e esmaltadores.

SAPO CON SARTA DE DOAS



O peitoral tradicional derivará do peitoral erudito,de ampla difusión en todo o século XVII.
Cómpre sinalar a importancia que terá para o factor decorativo e endomingado dos sapos, a influencia deste mesmo tipo de peza procedente de Portugal.Neste pais existe unha tradición de ourivería similar a galega que será o referente para ourivería popular miñota,e polo tanto o posterior desenvolvemento en Galicia e Salamanca.

SAPO CON AZIBECHE



O seu nome procede da voz castelá con que se coñecian as rosas de peito,chamadas popularmente galápagos.A denominación vén suxerida pola súa semellanza coas formas acorazonadas das tartarugas,ao constar dunha forma aconvexada adornada con pedras preciosas en cabuxóns.

SAPO ABANO




O sapo,que será o prototipo do peitoral da ourivería tradicional galega,procede da imitación das xoias de peito de multiples corpos en forma triangular invertida,e mesmo de rosarios de perlas rematados cun colgante; acadará o perfil de xoia por excelencia pola súa variedade,riqueza decorativa e compromiso estético coas formas que se labraban no pais.En Galiza o sapo,que é os modos do Barroco compostelán vanlle dar unha difusión amplisima en toda a nosa xeografia e esquecendo as referencias cultas,a súa independencia é tan firme que aparece como paradigma deste artesanado.

SAPO GRAO D´AMORA

Hoxe o sapo é unha peza pouco coñecida pola xente e utilizase case só para engalanar o traxe tradicional. Amaioria das pezas son de gran tamaño e moi barrocas.

SAPO TRADICIONAL GALEGO


No século XVIII ,Juan Figueroa y Vega,salmantino,reailizou a exclavina do apostolo Santiago (non habería ourives en Galicia?).