ROSARIOS

A ouriveria relixosa tivo fondo predicamento popular.O rosario foi  dende o s.XVI,coa instauración  da Festa do Rosario por Pio V,un instrumento  habitual de oración en todos os ambientes sociais.Tiña a súa festa institucional o primeiro domingo de outubro, e nese dia representábanse autos sacramentais entremeses e danzas folclóricas.

Os rosarios serán extraordinariamente populares na sociedade rural e urbana,que foron activos axentes difusores das súas formas e recursos estéticos
Os rosarios eran case sempre de prata con contas de madre perla,acibeche ou de prata estructuradas ao redor de cinco misterios 
Fermosos calados entre as bolas dos misterios .

Soen rematar coa figura d´un crucifixo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario